martes, 29 de noviembre de 2016

VISITA A UNHA SALINA ROMANA

Hoxe fixemos un interesante percorrido para coñecer a historia da única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano que por sorte está en Vigo.
Un xacemento que, polo seu excelente estado de conservación, permite entender o funcionamento dunha instalación salineira e como os romanos producían o sal na superficie das cubetas.
A exposición conta ademais coas explicacións dun magnífico arqueólogo, gran científico e humorista, chamado Valtierra. Altamente recomendable!!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario