Ollade quen chegou ao noso cole, e ollade tamén como saiu del, hehehe!!!
A semana pasada o centro de maiores invitounos a participar no concurso de Cans que dirixen este ano, a verdade é que foi moi difícil..., a maioría eran espectaculares. Tamén vimos unha curta con eles sobre a vellez e aprendemos que debemos coidar moito dos nosos avós e avoas. Aquí vos deixamos unha mostra.
Percorremos a ribeira do Louro, acompañados por Marcelo, experto en medioambiente da Asociación FAIA. Xuntos coñecemos a flora típica da zona: vimos amieiros, freixos, salgueiros negros, sabugueiros...E tamén anades reais, cabaliños do demo, ras e ata un lagarto arnal. Aquí vos deixamos unha pequena mostra da saída.