Na seguinte ligazón, podedes acceder á actuación do alumnado de 4ºA no Festival de Nadal´16 do cole, no pase realizado para o alumnado (que foi o que quedou mellor gravado).
https://youtu.be/hhmJewN3VU0
Noraboa a todos e todas polo gran traballo realizado e pola gran interpretación nos dous pases realizados (para o alumnado e para as familias). Sodes uns campións e unhas campioas!!!
Agradecer ás familias que participaron na organización desta obra de teatro pola súa implicación e entusiasmo. Grazas a todos e todas.
Bo Nadal!!!
Este ano a clase de 4ºA do CEIP Antonio Palacios do Porriño estrea este blogue co fin de compartir as súas experiencias.
jueves, 22 de diciembre de 2016
martes, 29 de noviembre de 2016
VISITA A UNHA SALINA ROMANA
Hoxe fixemos un interesante percorrido para coñecer a historia da única
salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o
Imperio Romano que por sorte está en Vigo.
Un xacemento que, polo seu excelente estado de conservación, permite entender o funcionamento dunha instalación salineira e como os romanos producían o sal na superficie das cubetas.
A exposición conta ademais coas explicacións dun magnífico arqueólogo, gran científico e humorista, chamado Valtierra. Altamente recomendable!!!!

viernes, 25 de noviembre de 2016
SEGUIMOS COS ROMANOS A VOLTAS!!!!
Carla sorprendeunos cunha espectacular maqueta sobre "AS IDADES DA HISTORIA".
Espectacular, grazas Carla e familia!!!
Espectacular, grazas Carla e familia!!!
VAN PARA ARTISTAS
Esta semana a nosa compañeira María compartiu con nós as obras que realiza na clase de pintura.
Vaia talento, deixounos abraiados! Parabéns para María e a súa familia!!!!
Vaia talento, deixounos abraiados! Parabéns para María e a súa familia!!!!
jueves, 17 de noviembre de 2016
LISTAXE DOS ANXOS
Aquí temos a nosa nova galardonada pola súa contribución ao bo trato na nosa clase.
Parabéns Nerea!!!!
Parabéns Nerea!!!!
lunes, 7 de noviembre de 2016
jueves, 3 de noviembre de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)