lunes, 13 de febrero de 2017

MÁIS MÁQUINAS

Hoxe contamos coa marabillosa aportación  da profesora Carmen Freiría e  parte do seu alumnado (Formación Profesional, na rama de Electrónica) que viñeron a mostrarnos cómo funciona un ordenador por dentro, trouxeron tamén diversos circuitos e ata nos fixeron un experimento. Moitas grazas, así da gusto aprender máis aspectos sobre as MÁQUINAS.
Aquí vos deixamos algunhas fotos para que compartades o momento connosco!!!!

domingo, 5 de febrero de 2017

PROXECTO:A CONVENCIÓN DE MÁQUINAS


Seguimos ás voltas coa nosa labor de investigación. Agora que xa sabemos algo máis dos inventos e das máquinas imos comenzar un traballo cooperativo sobre unha máquina complexa que usamos a miúdo.Cal será????


Aquí vos deixamos unha breve exposición de máquinas simples e o "Muíño" feito por Sebastian,bo traballo familia!!!! Parabéns!!!



miércoles, 18 de enero de 2017

PREPARÁNDONOS PARA O ENTROIDO

O entroido está chegando...., e este ano ímonos disfrazar de froitas, a nosa será a SANDÍA seguindo a temática do proxecto anual "Hábitos de vida saudables".
Estes son  os modelos propostos para a nosa clase. Elexide o que máis vos guste:




jueves, 22 de diciembre de 2016

ACTUACIÓN NO FESTIVAL DE NADAL 2016

Na seguinte ligazón, podedes acceder á actuación do alumnado de 4ºA no Festival de Nadal´16 do cole, no pase realizado para o alumnado (que foi o que quedou mellor gravado).

https://youtu.be/hhmJewN3VU0

Noraboa a todos e todas polo gran traballo realizado e pola gran interpretación nos dous pases realizados (para o alumnado e para as familias). Sodes uns campións e unhas campioas!!!









Agradecer ás familias que participaron na organización desta obra de teatro pola súa implicación e entusiasmo. Grazas a todos e todas.

Bo Nadal!!!