Este ano a clase de 4ºA do CEIP Antonio Palacios do Porriño estrea este blogue co fin de compartir as súas experiencias.
lunes, 15 de mayo de 2017
lunes, 8 de mayo de 2017
Coñecendo a contorna
Percorremos a ribeira do Louro, acompañados por Marcelo, experto en medioambiente da Asociación FAIA. Xuntos coñecemos a flora típica da zona: vimos amieiros, freixos, salgueiros negros, sabugueiros...E tamén anades reais, cabaliños do demo, ras e ata un lagarto arnal. Aquí vos deixamos unha pequena mostra da saída.
miércoles, 3 de mayo de 2017
viernes, 21 de abril de 2017
DÍA DA NAI TERRA
Este día brindanos a oportunidade
de concienciar a tódolos habitantes do planeta acerca dos problemas que afectan ás diferentes formas de vida que nel
se desenvolven.
En 2017 a campaña denomínase
“Alfabetización medioambiental e climática”.
As clases de 4º estamos
participando nun concurso chamado “Faino verde”, polo que nos convertemos en
embaixadores e embaixadoras do medio ambiente no noso cole. Así que hoxe
facilitámoslles unha serie de consellos para a vida diaria relacionados co uso e aforro de luz e auga:
PARA AFORRAR AUGA:
-
Pecha sempre as billas cando non as utilices,
que non caia nin unha gota!
-
O váter non é unha papeleira nin un cubo do
lixo: coidado co que tiras.
PARA AFORRAR LUZ:
-
Apaga as luces cando non esteas nunha habitación
ou a luz do día sexa suficiente.
-
Dille a túa familia que sustitúa as bombillas
normales por LED, xa que gastan menos e duran máis.
Así que, xa sabedes, aplícadeo nas vosas casas!!!!
viernes, 7 de abril de 2017
FAINO VERDE
Educar aos máis pequenos como cidadáns responsables co medio ambiente é a clave para que se conciencien canto antes e medren sabedores do importante que é coidar do noso contorno.
Conseguilo pode ser moi sinxelo se llo
explicamos con conceptos fáciles de aprender. Animándoos a promover
as súas propias iniciativas a través de pequenos xestos diarios para
mellorar o seu contorno, converténdoos así en embaixadores do medio ambiente.
E para conseguilo participamos nun programa de sensibilización medioambiental que, da man dunhas personaxes: Vega e a súa cuadrilla, nos axudará a promover a sostibilidade a través de conceptos como a reciclaxe e o aforro de auga e enerxía, potenciando a imaxinación e a creatividade.
Porque entre todos podemos dar vida a un hábitat mellor!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




